camisetas ralph lauren hombre O máis caro non é mellor Páx

ralph lauren eyeglasses O máis caro non é mellor Páx

Analizáronse nove pantalóns vaqueiros azulados, para home, con prezos desde os 18 euros de Carranza ata os 120 euros de polo Ralph Lauren, se ben os máis andaban arredor dos 60 euros. Na elección dun pantalón vaqueiro inflúen criterios subxectivos (por exemplo, que sexan bonitos, “como sentan” ou a imaxe da súa marca), pero se se teen en conta só os resultados da análise de CONSUMER, a mellor relación calidade prezo é Solido, o máis barato dos tres que teen maior calidade. Se o usuario busca un vaqueiro avellentado, unha interesante opción é Lee Cooper, un dos tres máis baratos e cunha boa calidade global.

Os pantalóns vaqueiros cumpriron xa 131 anos de vida. Creados orixinariamente para labores agrícolas e mineiros para os que cumprían prendas duradeiras e de gran resistencia, hai anos que ocupan un lugar destacado na maioría dos gardarroupas.

Están confeccionados en denim, un tecido duro de algodón elaborado mediante o sistema xerga, no que os fíos lonxitudinais (urdimento) están tinxidos de azul índigo, e os fíos transversais (trama) son brancos. Por iso os vaqueiros teen unha cor distinta polo anverso e o reverso.

Como a planta do índigo é escasa (a súa colleita non permite tinxir os 1.000 millóns de pantalóns vaqueiros vendidos ó ano en todo o mundo) é habitual empregar colorantes artificiais (índigo sintético). Tódolos vaqueiros se tinxen do mesmo xeito, e é o proceso posterior (mediante encimas, rozamento sobre pedras, láser ou area) o que lle confire a cada prenda un ton de novo ou de avellentado.

Composición Nestes nove vaqueiros o único tecido empregado é o algodón puro, aínda que non tódolos algodóns son iguais: hainos cardados (algo peores) e peiteados (mellores porque foron sometidos a un proceso para eliminar as impurezas). Entre os estudados só Liberto emprega os peiteados. No tocante ó sistema utilizado para obter o fío (a fiada) considérase que o mellor é o de aneis, empregado por Liberto, Solido, Bonaventure e Polo Ralph Lauren. Canto máis algodón por metro cadrado tea un pantalón, máis resistente será a prenda. Os nove cumpren a norma (a súa gramaxe está entre 440 e 510 m2). Sorprende que o peor sexa un dos non avellentados (Bonaventure, 418 g/m2) cando o lóxico sería obter uns resultados inversos (durante o avellentamento pérdese gramaxe). Para coecer como de tupido é o tecido (é dicir, a súa densidade) mídese o número de fíos lonxitudinais e transversais por centímetro cadrado. Os nove pantalóns aproban este test cun resultado semellante. Todos empregan o sistema de ligado xerga, o máis común.

Unha das características clave dun vaqueiro é a súa duración en bo estado de uso. Para comprobala, os pantalóns sometéronse a unha forza ata que acabaron esgazando. Para acadaren o aprobado deben soportar polo menos 736 Newton lonxitudinais e 589 transversais. Solido foi o mellor, mentres que Carranza, Lee Cooper, Bandolli Jeans, Polo Ralph Lauren e Levi’s cederon antes do debido. Os cinco que suspenden son os avellentados, o que non obsta para que os fabricantes deban asegurar o mínimo de durabilidade que fixa a norma para tódolos vaqueiros. No tocante á resistencia a rachar, de novo Solido foi o mellor, seguido moi de preto por Bonaventure. Carranza, Lee Cooper, Bandolli Jeans e Levi’s volveron fallar nesta proba. Levi’s quedou ás portas do aprobado nos dous casos, pero sen logralo. Carranza e Bandolli Jeans tampouco aprobaron a proba de resistencia das costuras.

No lavado Malia que tódolos vaqueiros indicaban que están feitos de algodón 100%, as súas recomendacións de lavado son diferentes. O único no que coinciden é en que non se debe utilizar lixivia e que é posible lavalos en seco con percloroetileno. As temperaturas recomendadas abranguen desde os 30 C de Liberto ata os 60 C de Solido, Lee Cooper e Lee, pasando polos 40 C de Levi’s, Carranza, Bandolli Jeans, Bonaventure e Polo Ralph Lauren. No tocante á temperatura para pasar o ferro, Liberto e Carranza recomendan 110 C, mentres que Solido e Lee Brooklyn consideran que a correcta é 210 C, e o resto queda nun termo medio: 150 C 80 C.

Tamén no relativo á utilización da secadora os consellos son dispares: Liberto e Bandolli Jeans desaconsellan o seu uso, mentres que Solido, Levi’s 501, Lee Cooper e Polo Ralph Lauren o consideran adecuado, cada un deles recomendando unha potencia distinta. Carranza e Bonaventure non incluíron esta importante información e Lee Brooklyn fíxoo, pero cun símbolo que non é correcto. Liberto, Carranza e Bonaventure non recomendan lavar a prenda do revés, mentres que Levi’s, Lee Cooper, Lee e Polo Ralph Lauren aconsellan lavar e secar os seus produtos de maneira separada.

En calquera caso, debido á gran variedade existente de recomendacións para lavalos, secalos e pasarlles o ferro convén ler polo miúdo as instrucións que veen con cada prenda para evitar problemas no futuro.

Tendo en conta tódalas probas de laboratorio, os pantalóns de maior calidade son Liberto, Bonaventure e Solido. Séguenos Lee Brooklyn, Lee Cooper, Levi’s 501 e Polo Ralph Lauren, cun “ben”. Carranza e Bandolli Jeans, os máis baratos, só conseguen un “aceptable”. Os tres mellores utilizan o sistema de aneis para a fabricación de fíos, pero este método non garante por si mesmo os mellores resultados, xa que Polo Ralph Lauren tamén os utiliza e non acadou máis ca un “ben” malia o seu prezo (seis veces máis có máis barato).

Fronte á fricción A resistencia á abrasión compróbase mediante a fricción sobre os pantalóns dun tecido abrasivo. Trátase de coecer o número de ciclos de fretamento necesarios para que se produza unha rotura de polo menos dous fíos do tecido. O denim dos vaqueiros debe aturar un mínimo de 30.000 ciclos. Todos aprobaron, pero Bonaventure foi o mellor e Polo Ralph Lauren o máis débil (rozou o mínimo permitido), seguido de Levi’s, Lee Cooper e Lee, que obtiveron resultados igualmente modestos.

Un vaqueiro non debe encoller máis dun 2% despois do lavado. Liberto e Solido (3,6% e 2,4%, respectivamente) encolleron máis do debido de longo e Bandolli Jeans (2,6%) fíxoo de ancho, o que resulta máis grave, xa que pode que tralo lavado nin sequera axuste á cintura. En calquera caso, convén lavar os pantalóns antes de subirlles a basta. Ningún dos pantalóns analizados desprende máis cor do habitual en seco (mediante rozamento) nin na auga (é dicir, durante o lavado ou fregado).
camisetas ralph lauren hombre O máis caro non é mellor Páx